O Museo do Mar acolle o sábado un relatorio sobre o motín de Cervo

AMariñaXa
O Museo do Mar de San Cibrao visibiliza as mulleres coidadoras cunha intervención da artista visual Mar Caldas
13 Mar 2024

A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial de Lugo, busca dar visibilidade ao papel das mulleres galegas na historia do país cun novo “Encontro de saberes compartidos”.

Neste encontro, que terá lugar o sábado 16 de marzo ás 17:30 horas no  Museo Provincial do Mar de San Cibrao, en Cervo, estará presente a historiadora Alba Díaz Geada, que achegará o relatorio "Mulleres en rebeldía: o motín de Cervo, 1892". Unha narrativa na que descubrirá o papel das mulleres nas revoltas do século XIX provocadas pola suba dos consumos e a carestía da vida. Nomeadamente, pola proximidade dos feitos, compartirá o que leva descuberto ata o de agora acerca do motín de Cervo, encabezado polas mulleres do lugar, o 23 de agosto de 1892 e que deixou pegada na historia da localidade.

0.18210005760193