O monte Penabor será a seguinte andaina de Barreiros Mar e Monte

AMariñaXa
O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza para o sábado 29 de xaneiro unha nova andaina polo monte Penabor.
barreiros mar e monte monte penabor
24 Xan 2022

O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza para o sábado 29 de xaneiro unha nova andaina polo monte Penabor.

Este roteiro dará saída ás 9.30 horas dende o café bar Moderno e será unha camiñata polo monte barreirense que conta cun estupendo miradoiro a 336 metros de altitude.

Dende a organización aconsellan levar roupa cómoda e de abrigo e informaron de que haberá un xantar no restaurante A Pena por 12 euros para o que haberá que resevar previamente.

Para consultas e máis información haberá que escribir un email a barreirosmaremonte@gmail.com ou mandar un Whatsapp ao número de teléfono 622 758 079.

0.087058067321777