O Mitma quere abrir un segundo carril de circulación na N-642 onde a mediados de xaneiro se produciu un afundimento

Foz
AMariñaXa
O Mitma está a preparar a apertura dun segundo carril de circulación na estrada N-642 onde a mediados de xaneiro se produciu un afundimento
semaforo n642 burela foz
3 Feb 2023

O Mitma está a preparar a apertura dun segundo carril de circulación na estrada N-642 onde a mediados de xaneiro se produciu un afundimento na vía provocados pola formación dunha balsa de auga derivado dos últimos episodios de intensas choivas.

O obxetivo deste segundo carril consiste na eliminación do semáforo que regula o paso para así evitar retencións de tráfico nas horas puntas, pois é unha estrada que da acceso ao Hospital da Costa e na que transitan moitos vehículos da Mariña.

Nos últimos días operarios estiveron limpando a zona de desaugadoiro e agora están a traballar nunha solución que evite a repetición do problema cando acontezan intensas chuvias.

TREN

A este corte sumouse a suspensión da circulación ferroviaria por "perigo de desprendemento" da estrada cortada, que discorre en paralelo á vía do tren.

Así, Adif informou que nestes momentos atópase suspendida a circulación entre Burela e Ribadeo (Liña de ancho métrico Oviedo-Ferrol) por "perigo de desprendemento por derrube de estrada próxima á vía".

PASO ATA O HOSPITAL

As autoridades habilitaron un paso de urxencia para que as ambulancias podan chegar ao Hospital Público da Mariña de Burela desde Foz. Trátase dunha pista que discorre polas inmediacións da praia de Areoura.

0.1603410243988