O Ministerio inicia as obras de mellora na N-640 entre Barres e Vegadeo

AMariñaXa
A intervención, cun prazo de dous meses, permitirá reparar o firme e incrementar a seguridade viaria na zona
VEGADEO-Nacional-640-a-su-paso-por-Vilavedelle
24 Sep 2025

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible comeza este mércores 24 de setembro, ás 08:00 horas, as obras de rehabilitación do firme da estrada N-640 no treito comprendido entre Barres e Vegadeo.

Os traballos, que se prolongarán durante uns dous meses, inclúen a reparación dos tramos máis deteriorados, o fresado e reposición con mesturas bituminosas, a colocación dunha nova capa de rodadura e o repintado das marcas viarias.

Desde o Ministerio sinalan que non se agardan incidencias relevantes no tráfico durante a execución da actuación, que fora reclamada en numerosas ocasións polos veciños e usuarios da vía. Esta mellora contribuirá a reforzar a seguridade viaria e a optimizar a comunicación entre os municipios de Vegadeo e Castropol.

⚙ Configurar cookies
0.10213494300842