O mindoniense Martín Martínez proclamouse campión provincial de Rastreo de Xabaril
Martín Martínez García, de Mondoñedo, vén de proclamarse novamente campión provincial de rastreo de xabaril con Camarón, un can mestizo de 3 anos. O campionato, organizado pola Federación Galega de caza en Lugo, celebrouse o pasado sábado día 29 en Portomarín, e no que participaron preto de 30 cans. Este é a terceira vez que este mindoniense acada o título, xa que venceu neste mesma modalidade con Padilla no ano 2015 e con Paco no 2017.
Tras acadar este novo título provincial automaticamente Martín Martínez ten o pase para poder disputar a final autonómica desta especialidade, que se celebrará o vindeiro 12 de xuño en Santa Comba, na provincia da Coruña.
Martín, séntese moi orgulloso de acadar novamente este campionato provincial. “Ningunha competición é sinxela, e aínda que xa gañei varias veces este campionato, cada un deles supón un novo reto para min. Síntome moi orgulloso do traballo que diariamente realizo cos meus cans, paseos, adestramentos e a alimentación, todo é importante para que estean a punto e consigamos pouco a pouco os nosos obxectivos. Dentro duns días disputarei a final autonómica, e só penso en desfrutar e acadar un bo resultado. Pero sobre todo de levar o nome da miña parroquia natal, Lindín, por todos os recunchos de Galicia, alí está a clave do meus pequenos éxitos”, explica.