O mércores volverá a Burela o cine ao aire libre

AMariñaXa
O mércores 18 de agosto volverá a Burela o cine ao aire libre coa proxección en pantalla xigante do filme infantil Abominable
abominable pelicula burela 1
16 Ago 2021

O mércores 18 de agosto volverá a Burela o cine ao aire libre coa proxección en pantalla xigante do filme infantil Abominable ás 22.00 horas na praza da Mariña. A entrada é gratuíta e o evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.

Yi é unha adolescente máis na enorme cidade de Shangai. Un día atópase a un pequeno yeti na azotea do seu edificio. A supostamente “abominable” criatura que se escapou do laboratorio onde estaba encerrada está a ser buscada por toda a cidade. Xunto cos seus enxeñosos amigos Jin e Peng Yi decide axudarlle a fuxir e os catro embárcanse nunha épica aventura para reunir á mítica criatura coa súa familia no pico máis alto do mundo: o Everest.

abominable pelicula burela
0.20201706886292