O mércores será a presentación oficial do Selo de Correos dedicado a Maruja Mallo

AMariñaXa
O Concello de Viveiro acolle este o 15 a presentación oficial do Selo de Correos dedicado a Maruja Mallo dentro da serie Mujeres en el Arte
sello correos maruja mallo 
14 Mar 2023

O Concello de Viveiro acolle este mércores, día 15, a presentación oficial do Selo de Correos dedicado a Maruja Mallo dentro da serie Mujeres en el Arte.

A cita, que se desenvolverá a partir das 12.00 horas no Salón Multiusos, forma parte do programa de actividades do Concello por mor do Día Internacional da Muller e da continuidade aos actos de celebración do 120 aniversario do seu nacemento iniciados hai un ano.

Correos emite este selo poñendo en valor a figura dunha das maiores expoñentes do cubismo e o surrealismo en España, que formou parte do grupo de mulleres artistas denominado ‘Las Sinsombrero’.

Exemplo de compromiso, rebeldía, transgresión e loita pola igualdade, Correos elixiu a Maruja Mallo para esta colección de #8MTodoElAño, dedicada a figuras emblemáticas na defensa dos dereitos da muller como Clara Campoamor, Isabel Zendal, Almudena Grandes ou Concepción Arenal.

Sello_MARUJA MALLO_B1M0_HR
0.19820308685303