O mércores remata o prazo de inscrición no concurso gastronómico Ribadeo Sabe

AMariñaXa
O premio para o local gañador do xurado profesional será un curso no Basque Culinary Center con estancia en San Sebastián e diploma acreditativo
concurso-gastronomico-ribadeo-sabe
12 Apr 2026

O 15 de abril remata o prazo de inscrición no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico que organizan o Concello e Acisa.

A cita terá lugar do 14 ao 17 de maio. O Ribadeo Sabe presenta importantes novidades. O premio para o local gañador do xurado profesional será un curso no Basque Culinary Center con estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular será unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.

O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estará composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto Veiga, sumiller de restaurante Nito, de Viveiro, e barista en Coffee Urban Roasters, tamén en Viveiro; e Daniel Gutiérrez, influencer gastronómico lucense @oidocomida

Este xurado, na fase previa, será o encargado de outorgar o premio á mellor tapa, que se anunciará antes do inicio da degustación, para así aportar unha maior visibilidade ao negocio gañador.

Haberá premios para o público que participe nas votacións do Ribadeo Sabe. Serán tres categorías dotadas con 200, 150 e 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo e visita guiada cada unha a Bodegas Docampo, en Ribadavia, con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo.

Desde o Concello e desde Acisa animan “aos locais hostaleiros a anotarse e a participar no Ribadeo Sabe. Os premios do renovado tapeo son especiais. E animamos tamén a ribadenses e visitantes a gozar do Ribadeo Sabe do 14 ao 17 de maio”.

0.11593103408813