O mércores o teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a obra Contacreques

AMariñaXa
O mércores 18 de agosto o teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a obra Contacreques. Esta representación será ás 19.00 horas
contacreques teatro
16 Ago 2021

O mércores 18 de agosto o teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a obra Contacreques. Esta representación será ás 19.00 horas e está dirixida a un público infantil

Contacreques é un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 e 7 anos. É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos: O reiseñor, Garvanciño, O zapateiro e os trasnos. O reiseñor: na remota China, o canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador. Garvanciño: as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de "xigantes".O zapateiro e os trasnos: a maxia dun Zapatrasno, que é quen de transformar a realidade.

.

teatro pastor diaz obra contacreques
0.14507603645325