O mercado semanal de Viveiro trasládase por mor das festas
AMariñaXa
o mercado semanal dos xoves trasládase aos xardíns Noriega Varela os xoves 11 e 18 de agosto por mor das festas
3 Ago 2022
O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración das festas patronais, o mercado semanal dos xoves trasládase aos xardíns Noriega Varela os xoves 11 e 18 de agosto.
Normalmente, o mercado celébrase na praza Maior, pero ao coincidir este mes coas festas trasládase aos xardíns Noriega Varela para poder celebrarse con normalidade.