O Mercado Renacentista de Viveiro xa ten datas

AMariñaXa
Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais
casa-do-concello-de-viveiro
20 Xuño 2024

O Mercado Renacentista de Viveiro terá lugar do 4 ao 7 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro informa sobre os trámites relacionados coa feira, como o préstamo de mesas e cadeiras, solicitudes de postos de artesanía e de colocación de mesas para ceas e comidas na rúa. Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais. A alcaldesa María Loureiro anima “a participar nesta xa tradicional festa, que é unha das citas máis destacadas do verán viveirense”.

Con respecto á celebración de comidas e ceas na rúa durante a xornada do sábado, atendendo á gran demanda de material dos últimos anos, o préstamo de mesas e cadeiras será unicamente para particulares. Para o préstamo de material, é preciso que se presente unha solicitude por escrito no rexistro municipal do concello, indicando o material solicitado, a localización na que se vai colocar a mesa e o número de participantes, debendo axuntar un plano ou esbozo do espazo solicitado, así como os metros a ocupar.

Os locais de hostalería que desexen organizar comidas e ceas na rúa, tamén deben presentar un escrito no rexistro municipal, indicando o lugar noque se vai colocar a mesa e o número de participantes, debendo axuntar plano ou croquis do espazo solicitado, así como os metros a ocupar. Tendo en conta a localización dos postos de artesanía, alimentación e restauración, non se poderán colocar mesas para comidas nas rúas Teodoro de Quirós, Atrio de Santa María, Irmáns Vilar Ponte ata a súa intersección con Constanza de Castro e a propia rúa Constanza de Castro.

As solicitudes para a colocación de mesas e préstamo de material poderán ser presentadas entre o luns 24 de xuño e o venres 28 de xuño de 2024. O material prestado deberá recollerse e entregarse no lugar, data e hora que se lles será comunicado con antelación.

0.072101831436157