O Mercado dos Domingos ribadense trasládase esta fin de semana ao sábado
O Mercado dos Domingos, que tería que celebrarse o 25 de xullo, trasládase ao sábado. Terá lugar, como é habitual, na contorna da praza de abastos.
Debido á festividade do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, e só por esta semana cambiase a data do Mercado dos Domingos. En lugar de celebrar a tradicional cita este domingo trasladase ao sábado 24 na contorna da praza de abastos en horario de dez da mañá a dúas da tarde.
Xa para o vindeiro 1 de agosto volverase celebrar o mercado en domingo, coma sempre, desde o pasado 27 de xuño e ata o 10 de outubro.
O Mercado dos Domingos está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación A Sucadoira. Nel participan 14 produtores e produtoras da zona con alimentos de proximidade como produtos dahorta, pan, ostras , queixo, embutidos, zumes, cervexas, coitelería…