O Mercado dos Domingos de Ribadeo puxo en valor os alimentos de proximidade
Este domingo arrincou unha nova edición do Mercado dos Domingos de Ribadeo, unha xornada para poñer no centro os alimentos de proximidade, reducir a pegada ecolóxica e fomentar a ecomonía local.
Contou con 14 postos e cunha oferta moi diversificada de produtos, todos procedentes da zona e onde reinan os produtos da horta pero onde tamén se poden atipar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces ou cervezas artesás.
Este mercado alongarase ata o 15 de outubro e dende o Concello hai preparada unha axenda con diferentes actividades para dinamizar e por en valor os produtos da zona.
O 24 de setembro os protagonistas serán os máis pequeniños da casa, o 1 de outubro continuará coa Festa da Horta; o 8 de outubro, terán a Xornada de Exaltación de Pemento de Piñeira de semente certificada, e xa para rematar e como novidade, o 15 de outubro celebrarán o Día da labrega”.
Desde a Concellería de Turismo “animamos a que se acheguen ao Mercado dos Domingos a gozar de toda a oferta de produtos e das actividades complementarias que se desenvolverán ao longo das vindeiras fins de semana”.