O Mercado de Nadal regresa a Alfoz o 6 de decembro cunha xornada chea de ambiente e ilusión

Alfoz prepárase para mergullarse de novo na maxia do Nadal coa celebración do III Mercado de Nadal, que terá lugar o sábado 6 de decembro. A iniciativa, organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo coa colaboración da Asociación de Veciños e Veciñas de Mor, promete unha xornada chea de encanto, boa música, artesanía e espírito festivo.
Dende a organización animan á veciñanza e visitantes a anotar a data no calendario, xa que o evento se converteu nunha das citas máis agardadas da programación festiva de Alfoz.
O mercado contará con postos de artesanía, agasallos, decoración e produtos locais, ademais de actividades para todas as idades, que se darán a coñecer nos próximos días.
O Concello de Alfoz e as entidades colaboradoras convidan a toda a comarca a participar nesta xornada, que cada ano reúne a centos de persoas arredor dun mesmo propósito: compartir ilusión, apoiar o comercio local e celebrar o Nadal en comunidade.
Moi pronto daranse a coñecer todos os detalles da programación, pero xa se anticipa que non faltarán as sorpresas, a música e o bo ambiente que caracterizan esta cita tan especial.