O Martínez Otero de Foz dotará as súas aulas con material dixital

Foz
AMariñaXa
O colexio Martínez Otero de Foz tivo o pracer de recibir a unha delegación  do equipo feminino do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala
4EI martinez otero Foz 2023
2 Dec 2023

O Martínez Otero xa poderá dotar as súas aulas con material dixital gracias a unha axuda de 27.992,38 euros. "Solicitouse o máximo que as bases reguladoras permitían: a dotación de ordenador e panel dixital interactivo (IFP) para 10 aulas do colexio, e que nos foi concedida na súa totalidade", din dende o colexio.

Actualmente hai instalados encerados interactivos (PDI) que só funcionan cando hai un ordenador, un proxector e unha pantalla LCD. O encerado mostrará todo o que apareza na pantalla do ordenador do usuario. En cambio, un panel dixital interactivo (IFP) é un panel de vídeo con pantalla táctil que permite actuar sobre a imaxe mediante o dedo ou un punteiro. Este tipo de dispositivos non precisan de proxector xa que poden amosar a imaxe no propio panel.

Unha das liñas de actuación é a integración das TIC na aula. Procurando que o alumnado se achegue á tecnoloxía desde o inicio da súa escolarización no centro. En infantil comeza o achegamento a estas ferramentas co uso do ordenador, o encerado dixital e a robótica (a través de Beebot). En educación primaria continúase co uso do ordenador, o encerado dixital e tabletas no 3º ciclo para as materias de linguas e matemáticas. Na educación secundaria proséguese co uso do ordenador, o encerado dixital e a robótica (a través de LEGO Spike Prime). Ademais, dentro das materias de Dixitalización e Tecnoloxía e Dixitalización afóndase no uso das TIC (tratamento da información, edición e montaxe de materiais audiovisuais, programación, interacción na rede, seguridade e protección de datos, tecnoloxía sostible, deseño asistido por ordenador, …).

O obxectivo que se persegue coa solicitude desta axuda e a instalación destes paneis é o de aproveitar todas as vantaxes que ofrecen este tipo de dispositivos para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe no centro e que a maior parte posible do alumnado se poida ver beneficiado.

As pantallas interactivas teñen unha capacidade inherente para impulsar a aprendizaxe activa e maximizan a STEAM. Os estudantes poden extraer contido da internet, manipular o contido da pantalla de forma simultánea traballando en equipo…

Búscase tamén contribuír á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, ao tratarse de dispositivos máis versátiles en canto á interacción e máis adaptados aos requirimentos das diferentes etapas evolutivas do alumnado, así como ás necesidades educativas especiais. Axudan a capturar e manter a atención do alumnado e facer que a aprendizaxe sexa máis divertida.

Os IFP instalados veñen con ángulos de visión optimizados que permiten aos estudantes ser capaces de ver a información claramente desde calquera ángulo. Ademais, os paneis son suficientemente brillantes como para ser vistas en calquera situación de iluminación, non tendo que escurecen a aula para unha mellor visión do proxectado.

Estes paneis dixitais interactivos ofrecen unha variedade de vantaxes para a aprendizaxe en idades temperás dos estudantes e para a ensinanza do profesorado, desde unha maior interactividade e acceso a recursos educativos, ata unha maior flexibilidade e adaptabilidade na presentación do contido educativo.

0.17901992797852