O martes inaugúrase a 'Exposición Namor-Arte' do Ceip de Cervo
AMariñaXa
Concretamente, é o produto final do proxecto anual de 'BiblioCervo', inaugurando así unha mostra "especial"
15 Jun 2024
O vindeiro martes, 18 de xuño, a partir das 16.00 abrirá as portas a 'Exposición Namor-Arte' do Ceip de Cervo, elaborada polo seu alumnado.
Concretamente, é o produto final do proxecto anual de 'BiblioCervo', inaugurando así unha mostra "especial á cal nos encantaría que nos acompañárades xa que sen vós isto non sería posible", din desde o centro educativo.
A exposición será na sala 'As Carboeiras', en Sargadelos e poderá visitarse tamén o mércores, xoves e venres de 16.00 a 18.00 horas.