O Maio e a Festa Campesiña encherán de cor e tradición as rúas de Lourenzá

O Concello de Lourenzá prepara unha nova edición de O Maio e a Festa Campesiña, unha xornada festiva que combina música, teatro, xogos e tradición popular. O evento terá lugar o 1 de maio e busca poñer en valor as raíces culturais da vila.
O programa inclúe o tradicional Desfile do Maio, espectáculos musicais e teatrais, espazos de lecer para os máis cativos e unha gran comida popular. Ademais, repartiranse premios aos mellores balconadas e portais decorados, sombreiros e caracterizacións campesiñas.
A festa está organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración coas asociacións locais, e conta co apoio da Deputación de Lugo. Unha cita imperdible para gozar da cultura e da tradición nun ambiente festivo e familiar.