O Magosto de Alfoz reunirá á veciñanza o 22 de novembro no pavillón municipal

AMariñaXa
A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo convida a celebrar unha noite de tradicións, música e boa comida
Magosto ded Quiroga
5 Nov 2025

O cheiro das castañas asadas volverá encher o Pavillón Municipal de Alfoz o vindeiro venres 22 de novembro, cando se celebre o Magosto organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, coa colaboración do Concello. A cita dará comezo ás 21:00 horas e promete unha velada chea de sabor e ambiente festivo.

O menú preparado para a ocasión inclúe boliños preñados, tortilla, castañas, viño, auga e café, unha combinación que aposta pola sinxeleza e o espírito tradicional desta celebración tan arraigada no outono galego. Ademais, a velada contará cunha actuación musical, que amenizará a noite e animará aos asistentes a compartir conversa e baile.

A entidade organizadora subliña que o evento está pensado para todas as idades e para favorecer o encontro entre veciños. A entrada será gratuíta para os socios, mentres que as persoas non socias deberán abonar 8 euros. As reservas poden realizarse ata o 19 de novembro, nos teléfonos 617 29 97 98 e 635 82 43 66.

Desde a Asociación Cultural Xuvenil O Castelo animan a participar e lembran que “o Magosto é unha das festas máis nosas, unha ocasión perfecta para xuntarse, rir e compartir mesa”, destacando a importancia de manter vivas as tradicións populares que unen xeracións e fortalecen o tecido social do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.07430100440979