O Mago Rafa estreará o seu novo espectáculo familiar ‘Sentir’ en Viveiro

AMariñaXa
O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acollerá a representación do novo espectáculo do Mago Rafa, ‘Sentir’, o vindeiro sábado 11 de maio ás 20.
viveiro_mago_rafa
20 Abr 2024

O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acollerá a representación do novo espectáculo do Mago Rafa, ‘Sentir’, o vindeiro sábado 11 de maio ás 20.30 horas. O espectáculo foi presentado polo tenente de alcalde, Jesús Fernández, e polo propio Mago Rafa, quen destacou que traerá ‘Sentir’ a Viveiro porque ten “o teatro máis bonito de toda Galicia”.

O espectáculo está pensado para un público familiar e para representarse neste momento “no que priman a tecnoloxía e a intelixencia artificial”, buscando facer reflexionar sobre a importancia de “non esquecerse de sentir”, tamén a través da maxia, que é “algo que non só se ve, senón que se sente”.

As entradas xa se poden adquirir por 10 euros a través do correo electrónico entradas@magorafa.com e pódense recoller na billeteira do propio teatro o día da representación a partir das 17.30, onde tamén se poderán mercar. O Mago Rafa xa é un vello coñecido de Viveiro. O pasado 28 de decembro xa participou na gala de maxia que se desenvolveu, precisamente, no Teatro Pastor Díaz, con moi boa acollida.

0.1360559463501