O Mago Paco traerá a súa maxia e humor á Casa da Cultura de Alfoz

AMariñaXa
O espectáculo Hocus Pocus celebrarase o 5 de abril cunha proposta para todos os públicos
salon-de-actos-concello-alfoz-2023
31 Mar 2025

O Concello de Alfoz acollerá o espectáculo de maxia e humor "Hocus Pocus", protagonizado polo coñecido Mago Paco. A cita terá lugar o sábado 5 de abril, ás 19:30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura.

O evento está pensado para toda a familia, combinando ilusións sorprendentes cun toque cómico que promete facer as delicias do público asistente. Co seu estilo desenfadado e interactivo, o Mago Paco converte cada función nunha experiencia chea de sorrisos e asombro.

O Concello de Alfoz anima a veciñanza a desfrutar desta proposta lúdica, que busca achegar a cultura e o entretemento a todos os públicos. A entrada será libre ata completar aforo.

⚙ Configurar cookies
0.092144012451172