O Lugar das Marías en Xove presenta o libro 'A única, María Casarès'

AMariñaXa
Nunha conversa con Berta Ojea nun vermú literario
xove_MariaCasares_por_BertaOjea
12 Nov 2024
 Xove, concretamente o Lugar das Marías (A Rigueira-Xove) acolle o 16 de novembro, a partir das 12.00 horas, unha conversa con Berta Ojea. A actividade xirará en torno á publicación 'A única, María Casarès', escrito por Anne Plantagenet e editado en galego por Kalandraka.
A presentación do libro permitirá achegarse máis a figura de María Casares e a súa conexión coas raíces, nada en A Coruña.  Novembro é o mes de María Casares (21/11/1922-22/11/1996) e no Lugar das Marías honran a súa historia a través dun cuarto que leva o seu nome.  A cita presentará un formato de vermú literario para o desfrute de quen asista.
0.19173693656921