O Lugar das Marías de Xove prepara as Experiencias efémeras
Tras abrir as súas portas en xullo de 2020, o Lugar das Marías, en Xove vén de poñer en práctica a súa idea inicial de dotar de contido o lugar.
O programa Experiencias efémeras nace coa intención de poñer en valor a vida na aldea a través de actividades creativas e saudables que permitan visibilizar a mulleres que traballan nestes ámbitos, crear redes de apoio e fomentar o benestar das persoas participantes.
Terá lugar neste mes de maio e consistirá no desenvolvemento de catro obradoiros acompañados dos sabores da aldea en forma de brunch ou merenda.
En todas as actividades se require dun número mínimo de participantes e dun número máximo e en todos os casos se intentará o desenvolvemento da actividade no exterior.
Para máis información haberá que poñerse en contacto cos organizadores chamando ao teléfono 646 003 343. Para anotarse pode facerse a través deste ligazón.
EXPRESIÓN CORPORAL E PERFORMANCE & BRUNCH
Será o 7 de maio de 11.00 a 14.00 horas, e será un obradoiro de expresión corporal e iniciación á performance de 2 horas de duración impartido por Ana Corujo e Lara Buyo do Colectivo LAG. Despois do taller servirase un brunch para as asistentes.
CERÁMICA & MERENDA
O 10 de maio de 16.30 a 20.00 horas, e será un taller de cerámica que impartirá a artista e artesá Iria Pigueiras. O taller ten unha duración de 3 horas e inclúe todos os materiais necesarios así como o posterior esmaltado e cocido das pezas. Haberá un descanso no se que servirá unha merenda.
IOGA & BRUNCH
O 14 de maio de 11.00 a 13.00 horas haberá Ioga & Brunch e será conducido por Nuria Torrado e consistirá nunha sesión de ioga dunha hora de duración que se desenvolverá no exterior, a continuación servirase o brunch na terraza.
BORDADO & MERENDA
O 27 de maio de 17.00 a 19.30 horas, será o taller de bordado e merenda impartido por Yasmina González, no que tamén se facilitarán todos os materiais (bastidor, fíos, teas...). A actividade inclúe unha merenda.