O local da asociación A Veiga de Vegadeo acollerá varias charlas sobre os hortos
O Concello de Vegadeo acollerá durante os meses de febreiro e marzo diferentes charlas sobre o cultivo de verduras, plantas e árbores no horto.
Todas estas charlas serán no local da asociación A Veiga ubicada na rúa Camilo Barcia Trelles en horario de 18.00 a 20.00 horas.
A primeira delas dará comezo o luns 14 de febreiro e tratará sobre Coñecementos básicos de horto e xardín, a seguinte será o venres 18 e falarase sobre as diferentes plantas e a súa saúde e o derradeiro venres de febreiro será a quenda do cultivo das árbores froiteiras autóctonas.
Xa en marzo o venres 4 falarase da reproducción das diferentes variedade de plantas, e o día 11 sobre o control ecolóxico de pragas e enfermidades nos hortos domésticos. Xa por último o venres 18 de marzo a charla será sobre coidados do xardín.
Todas estas charlas estarán impartidas por Ángel Prieta de Quercus Rural, e para participar será necesaria a previa inscrición chamando ao teléfono 609 711 481.