O libro Crónicas das San Lucas, reúne 30 relatos sobre a feira mindoniense
A Deputación de Lugo participou na presentación do libro Crónicas das San Lucas (2015-2020), que reúne 30 relatos sobre as feiras e festas das San Lucas
O volume é resultado do exercicio creativo que a Asociación As San Lucas de Mondoñedo propuxo a mindonienses de “nación ou devoción” e estudosos da obra de, coa encarga de escribiren “fantasías con personaxes de Cunqueiro paseándose por Mondoñedo”.
Chus Amieiro, Xoan Ramón Fernández Pacios, Xe Freyre, Miguel González Somovilla, Antón Meilán,César Morán, Miguel Anxo Murado, Bernardo Penabade, Lois Pérez, Francisco Piñeiro González, Antonio Reigosa, Lionel Rexes, Xosé Ruíz Leivas, Xulio Xiz e Fran Bouso, que tamén coordinou a publicación, comparten, xunto co ilustrador Antón Caxoto, a autoría do libro, editado coa colaboración da Deputación de Lugo, que tamén contribúe a organización das feiras e festas das San Lucas.