O libro A Super_Acción de Mauricio chega aos colexios da comarca

AMariñaXa
O libro A Super_Acción de Mauricio normaliza as enfermidades mentais co mundo mariño e está creado pola Asociación de Saúde Mental A Mariña
O libro A Super_Acción de Mauricio normaliza as enfermidades mentais co mundo mariño
7 Jun 2022

Comezou a visita do conto Super_Acción de Mauricio aos coles da comarca co que se pretende mellorar e innovar na atención das persoas con enfermidade mental e contribuír á  súa integración na comunidade poñendo en valor os produtos mariñeiros, así como  sensibilizar á poboación sobre os mesmos.

Non hai mellor maneira que facelo elaborando un conto creado na súa totalidade por persoas con enfermidade mental, dende o guión, ata as ilustracións, e no que van contando unha historia na que se ven reflectidos e dan a coñecer como se senten.  

Polo tanto, conto convertido en ferramenta educativa coa que achegar aos máis pequenos a  realidade das persoas que sofren a enfermidade mental.  

Así, cinco centros educativos recibirán a visita de diversos usuarios da Asociación acompañados por Lucas Requejo que lles leerán o conto, conversarán con eles sobre cómo se fixo o conto, que é a enfermidade mental, a saúde mental, que hábitos son preventivos, que diferencias hai entre  psiquiatría e psicoloxía, cales son esos síntomas e como as viven en primeira persoa.  

A folla de ruta polos coles neste curso escolar é a que segue:  

  • 06/06/22 en Ribadeo no CEIP Gregorio Sanz para o alumnado de 3º e 4º curso.  
  • 10/06/22 en Cervo no CEIP Península da Paz de San Cibrao e no CEIP de Cervo para o alumnado de 1º e 2º curso.
  • 13/06/22 en Burela nos CEIP Virxe do Carme e CEIP Vista Alegre tamén para o  alumnado de 1º e 2º curso.

No CEIP Gregorio Sanz o alumnado tivo a sorte de desfrutar tamén dos trucos de maxia  realizados polo presidente da Asociación Jorge Manchado.  

0.16464495658875