O Jazz & Blues volverá a soar en Ribadeo para o mes de decembro
Volve unha nova edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que se desenvolverá do 2 ao 9 de decembro, e que chega a súa novena edición. Todos os concertos serán ás 20.30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
Esta cita comezará o sábado 2 co concerto de Andrea Motis. A cantante e instrumentista de jazz catalá visitará a Mariña e fará desfrutar á veciñanza coa súa voz á que os expertos comparan coa de Norah Jones.
O día 6 será a quenda de Drumless Trío, composto por Marcos Rábade, Abe Rabade e Alfonso Morán. O venres 8 será a quenda de The Cinelli Brothes, que é un proxecto que nace da paixón común polo blues eléctrico de Chicago e Texas dos anos 60 e 70 dos irmáns Marco e Alessandro.
Xa por último o sábado 9 pechará o festival All4 Gospel Choi, un dos coros que irrompeu na escena nacional con maior forza nos últimos tempos e unha referencia de unión e irmandade entre todos os seus membros. A gran variedade de estilos e personalidades que o conforman dótano dun adn único, coa habilidade especial de conectar a súa enerxía co público.