O IX Festival Histórico Augas Santas de Barreiros xa ten programa

AMariñaXa
O sábado 18 de xuño celébrase o IX Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros, así o confirmou a irmandade.
IX Festival augas santas barreiros 2022 cartel oficial 1
22 May 2022

Este mes de xuño volverá o Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros e que este ano chega a súa novena edición e celébrase o día 18.

A festa comezará x apola mañá cun mercado de artesanía seguido por unha escenificación do Rei Silo e ás 13.00 horas será a misa solemne en honra a Santo Estevo.

Despois será a quenda da actuación de O Arco da Vella e Sons do Ermo, máis tarde haberá un espectáculo musical a cargo de Eventec que amenizará a xornada e dará paso ás vodas celtas e a queimada con conxuro.

Tamén haberá un xantar no que haberá costela de porco á grella con salsa de guacamole, chourizos e touciño, pan, viño, cerveza, refrescos, sobremesa, café e chupitos, e todo elo por 20 euros por persoa. Ademais pola noite contarán con sardiñada e a queimada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18168592453003