O IV Open de pesca da Ribeira de Foz será esta fin de semana
A asociación A Ribeira de Foz organiza para este sábado 3 e domingo 4 de setembro o IV Open de pesca dende embarcación do Concello focego, que foi aprazado desde agosto por mor da climatoloxía marítima.
Así, este sábado e se as condicións climatolóxicas son favorables, a partir das 07.00 sairán 40 embarcacións procedentes dos portos de Foz e Burela para participar na IV Open Quedada de Pesca dende Embarcación.
Todas estas embarcacións que se apuntaron a esta quedada poderán desfrutar dunha mañá de pesca deportiva pola costa da Mariña.
Todos os participantes xuntaranse ás 06.45 para dar dorsais e tomar un café, e despois será a saída das embarcacións a partir das 7.00 e o regreso está prevista para as 13.15.
Máis tarde, ás 14.00 horas na praza Conde de Fontao coa colaboración do Concello de Foz, Seguros Ges, C.C.A Foz, as tendas de pesca; El pez Rosa, Capturas pesca de Ribadeo e Kukadas pesca de Foz. Imos repartir uns trofeos, regalos e premios ós participantes do evento, con mencións destacadas como o premio Lobo de mar e Lobiño de Mar que se entregara o patrón de embarcación máis veterán e neno mais novo da xornada, e A Pesquina premio para a muller que mellor pesque, tamén teremos un concurso fotográfico ligado o evento.
A asociación A Ribeira de Foz anima á xente que se achegue ao peirao de Foz este sábado para saber algo máis sobre a náutica e a pesca deportiva, un deporte que xa é un verdadeiro motor económico da comarca e que conta ademáis coa gran ventaxa de que calquera o pode practicar, pois para elo non conta nin o sexo, nin a idade, un deporte agradecido e no que a recompensa máis grande non é outra que a de gozar do mar.