O Illa Pancha Challenge podería celebrarse o martes

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Feb 2020

A borrasca que se aproxima a Europa fai que os organizadores do Illa Pancha Challenge estuden celebrar a segunda edición da competición de surf o vindeiro martes 11.

A organización do Alfter Surf Illa Pancha así o avanzaba nas redes sociais, e alertaba aos mellores surfistas a estar pendentes de que se lance o aviso definitivo para desprazarse a Ribadeo.

Os organizadores anunciaron que se declaraba a alerta amarela e este xoves día 6 tomarán unha decisión en función de como avance a borrasca.

"Declaramos alerta amarela para o vindeiro martes, a previsión agora mesmo é dun mar do norte cun período de 17-18 segundos e xigantesco", anunciaban no Facebook.

“A borrasca que se aproxima ás costas europeas para a vindeira semana asemella un espazo épico, algo que estivemos desexando ver e cabalgar, algo único, algo que todos os surfeiros estamos a esperar unha vez na vida.” Con estas palabras presenta Eric Rebiere, organizador da proba, o Illa Pancha Challenge.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18788194656372