O Illa Pancha Challenge asina unha nova colaboración
O evento Illa Pancha Challenge asina unha nova colaboración coa Deputación de Lugo. O impacto que este evento esta acadando día a día, vese fortalecido con esta nova colaboración que se une ao Concello de Ribadeo, primeiro colaborador administrativo do evento, para potenciar o mesmo e que este sexa un dos estandartes turísticos principais da Mariña de Lugo e que ademais, ao ser fora de “época alta” favorece amplamente ao sector turístico na Mariña.
Na reunión mantida coa deputada Pilar Garcia Porto e acompañados da concelleira e alcaldable, Marta Rey, os organizadores o evento amosaron as melloras que o evento recibirá este ano en temas de seguridade e tecnoloxía, unhas melloras que faran este evento moito mais atractivo, contando con un set de streaming innovador e único ate a data e que, complementado coa tecnoloxia do Instituto Tecnoloxico Galego, o cal nos permitira en todo momento coñecer os datos do surfista, velocidade, altura de onda, etc.
“Flythings Surf é un innovador sistema de telemetría que permite valorar de forma obxectiva o “bo facer” dos surfeiros. Monitorea e mide parámetros como a velocidade de desprazamento na onda, a distancia percorrida en cada cabalgada, a forza coa que se realiza cada xiro ou o ángulo de desenvolvemento cada manobra.
Este innovador sistema está composto por un elemento hardware incorporado nunha camiseta/ lycra intelixente, e un software de tratamento da información monitorada e de conexión co sinal de vídeo de forma que se poida superpoñer a información rexistrada.
A camiseta/ lycra Smart que leva o competidor durante a súa manga incorpora nas súas costas un dispositivo de menos de100 g de peso, 2 cm de espesor, e un longo e ancho de 10x5 cm. Este dispositivo estanco incorpora un GPS, un giroscopio, un acelerómetro e un magnetómetro como sensores do movemento, os cales permiten medir o movemento da táboa en tres dimensións cunha capacidade de 450 medicións por segundo, elemento e eixo, co que se consegue ter unha análise detallada en 4D, grazas aos 9 graos de liberdade.
Ademais, o seu sistema de comunicación Radio de Longo Alcance e baixo consumo permite a retrasmisión da información rexistrada en tempo real, cunha frecuencia de 50 medicións por segundo, rexistrando 11 variables diferentes, así como o posicionamento do surfeiro en cada instante de tempo.
O software de rexistro de información é unha potente plataforma de monitoraxe dotada dunha algoritmia intelixente que permite interpretar e trasladar os datos medidos a información entendible por surfeiras, espectadores e xuíces.
Flythings Surf permite dotar de contidos ao streaming dos campionatos, tanto daquela de interese en tempo real como aquela que resulte de interese para comentar durante os tempos mortos entre onda e onda, por exemplo, a través de replays incidindo en datos alto compoñente técnico e que permitan a comparativa entre competidores, achegando desta maneira o deporte do surf aos espectadores alleos a este deporte.
De tal maneira que Flythings Surf vai permitir dar un salto cualitativo ao deporte do surf, achegándoo ao público xeral, tecnificando o adestramento dos profesionais e dotando de ferramentas obxectivas para o traballo dos xuíces.
Flythings Surf, é un produto creado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, un Centro Tecnolóxico privado, recoñecido polo Ministerio, situado na Coruña.
"Con esta nova colaboración garantizamos que a visibilidade do evento que será retransmitido para mais de cen paises, será un éxito".
segundo palabras de Oscar Garcia, “para nós, contar co apoio dá Deputación e crucial e por riba, a colaboración aumenta moito comparada co ano anterior, e sintoma de que o traballo realizado por Panchorro Surf Club vai polo bo camiño, un camiño cunha soa meta, poñer Ribadeo e por ende A Mariña, na cima mundial do turismo deportivo, unha meta plausible e que precisa de todas as administracions para logralo, a desestacionalozacion, esa palabra que tanto se oe pero que pouco se aplica e so cuestion de que un engranaxe funcione, o nos engranaxe e o surf e os piñons, o Clube, o Concello e a Deputacion".