O III Rally Club Clásicos Viveiro, aprazado en 2020, será o 21 de maio

AMariñaXa
O Club Clásicos Viveiro informou da nova edición do Rally Club Clásicos Viveiro aprazado en 2020 e que se celebrará o 21 de maio de 2022.
club clasicos viveiro foto Laura Rodríguez
16 Apr 2022

O Club Clásicos Viveiro informou da nova edición do Rally Club Clásicos Viveiro aprazado en 2020 e que se celebrará o 21 de maio de 2022.

Este ano o rally chega a súa terceira edición e dende a organización dixeron que "queremos facer mención ao noso amigo e socio Marcos que a vida nolo arrebatou moi rápido sen poder darlle unha despedida como se merecía", así comunicaron que esta proba deportiva levará o nome III Rally Club Clásicos Viveiro Memorial Marquitos.

Un rally con moitas novidades co mesmo plantexamento que as dúas edicións anteriores. Dúas seccións de mañá e tarde, con comida e cea incluída, premios, 9 tramos de regularidade en 260km aproximadamente entre os concellos de Viveiro, O Vicedo, Xove, Ourol, onde se puntúa para o Campionato Talleres KM0, "aos que estamos eternamente agradecidos por todo o apoio que nos brindan sempre e uns dos culpables de que este club continúen crecendo e realizando cada ano mais eventos, lembramos que o campionato consta de tres rallies sen posibilidade de descartar ningún para optar aos seus premios, os mesmos son o I Rally Concello de Ourol xa disputado o pasado 2 de Abril, o III Rally Club Clásicos Viverio Memorial Marquitos e o I Rally Concello do Vicedo".

Tamén informaron de que xa están abertas as inscricións para a participanción.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13438487052917