O III Mercado Aos Pés de Cornería, de Vilaronte, será o domingo 5 de maio

Foz
AMariñaXa
A Comisión de Festas San Juan Villaronte de Foz organiza para o domingo 7 de maio o II Mercado de produtos locais aos Pés de Cornería
24 Mar 2024

A Comisión de Festas San Juan Villaronte de Foz organiza para o domingo 5 de maio o III Mercado de produtos locais aos Pés de Cornería, en Vilaronte.

Esta cita dará comezo ás 10.00 horas coa apertura do mercado e despois seguirán o resto das actividades que aínda están por desvelar.

Dende a organización sinalan que "pouco a pouco iremos desvelando a programación de esta terceira edición polo que haberá que estar atentos ás redes sociais".

Para todos aqueles postos que queiran anotarse no mercado ou precisen información, haberá que poñerse en contacto coa asociación chamando aos teléfonos Andrés 669 106 817, Leticia 664 120 073.

0.18567609786987