O II Mercado de produtos locais aos Pés de Cornería, en Vilaronte, será o domingo 7 de maio

Foz
AMariñaXa
A Comisión de Festas San Juan Villaronte de Foz organiza para o domingo 7 de maio o II Mercado de produtos locais aos Pés de Cornería
vilaronte Foz
30 Abr 2023

A Comisión de Festas San Juan Villaronte de Foz organiza para o domingo 7 de maio o II Mercado de produtos locais aos Pés de Cornería, en Vilaronte.

Esta cita dará comezo ás 10.00 horas coa apertura do mercado e ás 11.00 haberá unha charla sobre Técnicas de conservación de alimentos e envasado de produtos da tua Horta, impartida por Jesús Villarino e Bruno Pena da Asociación de Cociñeiros de Lugo.

Máis tarde os pasacalles de Os Petapouco e a percusión da Comparsa Ruxe Ruxe animarán a festa, e ás 11.30 haberá un obradoiro para nenos.

Xa a media mañá o Cuarteto Tradicional Xaramolo porá a nota musical ata a hora do vermú na que será a actuación de Toxo Guayaba.

Pola tarde, ás 16.00 horas o Mago David Méndez presentará o seu espectáculo Maxia de aquí e de acolá, dirixido a todos os públicos, e despois será o tardeo con Dj Senín de Eventec.

II Mercado de Produtos Locais Aos Pés de Cornería
0.13648200035095