O II Concurso de Composición de Marchas Procesionais de Viveiro está na recta final

AMariñaXa
O mércores 13 de abril o teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a presentación do "1° Concurso de Composición de Marchas Procesionais
viveiro concurso composicion marchas 2022 1
6 Xan 2024

O II Concurso de Composición de Marchas Procesionais 2024 que leva o Nome de Blas García Liz, atópase xa na recta final. O xurado está composto por David Rivas, David Fuiza e  Fernando Buide.

Así, lembran que a data límite para a presentación das Marchas é o venres 12 de xaneiro de 2024 ás 23.59 horas no seguinte enderezo de correo electrónico:
composicionblasgarcializ@gmail.com.

A Marcha procesional gañadora acadará unha asignación económica de 2000 euros, aos que se lles descontarán os xuros correspondentes e terá a honra de ser estreada pola Banda de Música O Landro de Viveiro no Concerto do Programa Cultural ADRAL 2024.

Ademais este ano tamén será interpretada pola agrupación profesional Banda Municipal de Santiago de Compostela, baixo a batuta do seu director titular David Fiuza.

O concerto terá lugar o domingo 17 de marzo do 2024 ás 12.00 horas no Teatro Principal da capital galega en colaboración coa Banda Municipal de Santiago de Compostela, Xunta de Confrarías de Santiago de Compostela, Semana Santa de Viveiro e Banda de Música O Landro de Viveiro.

0.080113887786865