O IES Monte Castelo de Burela organiza unha charla-obradoiro
AMariñaXa
O IES Monte Castelo de Burela organiza unha charla-obradoiro sobre a oferta educativa do IES Perdouro.
6 Maio 2021
O IES Monte Castelo de Burela organiza unha charla-obradoiro sobre a oferta educativa do IES Perdouro, xa que se compón de seis ciclos formativos distribuidos entre catro familias profesionais.
Esta charla será os días 26 e 30 de maio para alumnos de 3º e 4º da ESO.
O IES Perdouro conta con FP Básico en Fabricación e Montaxe (BFME01), de Grao Medio en Instalacións de Telecomunicacións (MELE02), Mecanizado (MFME01), Peiteado e Cosmética Capilar (MIMP02) e Xestión Administrativa (MADG01). Tamén ten Formación Profesional de Grao Superior en Administración e Finanzas (SADG01).