O IES Enrique Muruais da Pontenova dá ata o 10 de setembro para matricularse

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
2 sep 2019

O IES Enrique Muruais da Pontenova abre o período de matrícula de setembro para o curso 2019-2020 entre os días 1 e 10 do devandito mes. Corresponde ao prazo de matriculación extraordinario, posto que o ordinario abrangueu do 25 de xuño ao  10 desa mensualidade.

Ademais o centro fará os exames de setembro aos alumnos pendentes de aprobar algunhas materias os días 2 e 3 de setembro. A recollida das cualificacións será o día 5, ás 10:00 horas.

Sobre o fondo de libros e material escolar, hai uns 26 alumnos de Secundaria na lista provisional que recolle o número de unidades concedidas. Algúns dependen de que haxa existencias agora en setembro e a outros se lles especifica que serán un máximo de seis os libros que poden levar e que están condicionados a que devolvan libros. O centro tamén publica na súa web que son trinta os vales concedidos para material escolar.

 

 

0.17250204086304