O IES Elisa e Luis Villamil de Vegadeo organiza un ciclo de charlas para promover a educación e o benestar familiar

O IES Elisa e Luis Villamil de Vegadeo organiza unha serie de actividades dirixidas a pais, nais, avós e coidadores, co obxectivo de promover a reflexión e a aprendizaxe sobre diversos aspectos relacionados coa educación e o benestar das familias.
As charlas cubrirán temas como a autonomía dos rapaces/as, a relación entre pais e fillos/as na adolescencia, o uso saudable das novas tecnoloxías e as necesidades educativas de nenos/as con discapacidade.
O calendario das actividades, que se celebrarán en horario de tarde, comeza o 27 de marzo de 17:00 a 18:30 con 'Educación Afectivo-Sexual en Familia' a cargo de Iván Rotella Arregui, sexólogo de Astursex Atención Sexolóxica. Seguirá o 3 de abril de 17:00 a 18:30: 'Fomentar a autonomía dos teus fillos/as cara aos estudos' a cargo de Laura López Iglesias, psicóloga-formadora; o 24 de abril de 17:00 a 18:30: 'Ser madres, pais e/ou educador@s de adolescentes' a cargo de Begoña Braña Méndez, psicóloga clínica do Área Sanitaria I.
Continuará en maio o día 15 de 17:00 a 18:30: 'Adolescencia e uso saudable de tecnoloxías' a cargo de Juan García Álvarez de Toledo, consultor de estratexia dixital en GAM e formador en competencias dixitais e ciberseguridade, e despois o xoves 29 de maio de 19:00 a 20:30: 'Afrontamos as necesidades educativas de @s nos@s fillos/as. Superheroes en educación. Un pasito máis cerca da inclusión' a cargo de Carlos García Junco, mestre de PT e AL, profesor de Universidade e adestrador do Real Oviedo Genuine.
As sesións son gratuítas, pero requiren inscrición previa. Ademais, todos os asistentes poderán participar no sorteo dun fantástico premio para gozar en familia. As inscricións poden facerse no propio instituto ou no Concello de Vegadeo.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co IES Elisa e Luis Villamil no teléfono 985 634 377 ou co Concello de Vegadeo no teléfono 985 634 022.