O IES de Foz ten aberto o prazo de matrícula para o novo curso
O IES de Foz ten aberto o prazo de matrícula para o novo curso escolar 2021/2022 de ESO, BACH e FP. Para os alumnos que cursen 1º de bacharelato a data límite de formalización de matrícula será o 28 e 29 de xuño, para os de 2º de bacharelato a data será o 5 de xullo, para alumnos de 4º de ESO será o 2 de xullo, para 3º de Eso o día 1 de xullo, para 2º de ESO o 30 de xuño.
Todas elas deberán facerse nas oficinas do IES de Foz en horario de 9 a 13.00 horas e levando a documentación pertinente como fotocopia do DNI, dúas fotos de carné, as certificacións académicas anteriores ou o xustificante de pago do seguro escolar.
Dentro da oferta formativa do FP Dual que imparten contan con cursos de Servicios Administrativos e Comerciais; Formación Profesional Básica de Servicios Administrativos, Ciclo Medio de Actividades Comerciais, Hostalaría e turismo, Formación Profesional Básica de Cociña e Restauración, Ciclo Medio de Servicios de Restauración, Ciclo Medio de Cociña e gastronomía, Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía, Ciclo Superior de Dirección de Cociña e Formación Profesional Dual de Dirección de Servicios.
O prazo de admisión para o alumnado dos ciclos será do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13.00 horas. Os interesados terán que facer a solicitude de admisión na páxina, edu.xunta.es/fp, e terán que cubrir a instancia online así como deberán presentar a solicitude por duplicado e a documentación requirida en calquera centro que imparta ciclos.