O IES de Foz quere implantar un ciclo formativo sobre Turismo

Foz
AMariñaXa
O IES de Foz empeza este venres, día 25, unha mesa de traballo para elaborar a oferta formativa do vindeiro curso.
ies de foz
23 Mar 2022

O IES de Foz empeza este venres, día 25, unha mesa de traballo cos representantes dos concellos da Mariña para elaborar a oferta formativa do vindeiro curso, dentro da cal podería incluírse un ciclo dual sobre turismo.

O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, explica que “A Mariña é unha potencia no sector turístico, en auxe, que precisa de profesionais que capitalicen proxectos turísticos tanto de dinamización como de desenvolvemento e guía. Froito da colaboración entre administracións, vaise analizar a posible implantación dun ciclo formativo de grao superior de Guía, información e asistencia turística, en modalidade dual. Nestas reunións participarán alcaldes e alcaldesas, concelleiros/as de Turismo e técnicos/as de Turismo xunto con representantes do IES de Foz. Este venres ás 10:00 horas será a primeira das reunións no propio instituto e seguirán a vindeira semana en Ribadeo e Viveiro”.

Nicolas Asensio engade que “a FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación das persoas nun réxime de alternancia da actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo, o que supón a remuneración do alumnado e unha maior facilidade para a inserción no mercado laboral e a adquisición dunha titulación de FP simultaneamente á integración nos procesos productivos da empresa”. 

0.12003803253174