O IES de Foz acolle unha nova edición do Campionato de Baristas

Foz
AMariñaXa
Un evento internacional con campionatos, degustacións e formación especializada
Foz-baristas-2020-1
11 Feb 2025

O IES de Foz converterase no epicentro do café e a hostalaría coa celebración do Campionato de Baristas 2025, un evento que reunirá estudantes, profesionais e expertos no mundo do café.

Durante os días 19, 20 e 21 de febreiro, o instituto acollerá o XVII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría, o XII Campionato Internacional de Cata de Cafés e o X Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

A programación inclúe formacións especializadas, como a sesión "Formación Carajillo 43" impartida por Alfredo García-Moreno, Brand Ambassador de Licor 43. Ademais, haberá degustacións de café a cargo de recoñecidos torrefactores na KahvehVAN, situada diante do salón de actos, así como unha degustación especial de Cola-Cao.

O XI Campionato Internacional de Baristas Profesionais terá lugar o venres 21 de febreiro e contará con destacados participantes como Florentina Gabriela Tudorache (Coffee Urban Roasters, Viveiro), Isabel Touriñán Canosa (A Coruña), Iago Rivas Eiroá (Foz), Miguel Pampín García (Santiago de Compostela), Karlos Calvo Suárez (Cafés Baqué, Bizkaia), Mikel Uriarte González (Area51 Barista, Bizkaia), Simón Rodríguez Rouco (Coffee Urban Roasters, Viveiro) e Saray García Fernández (Cafetería Piedras Blancas, Valladolid), ademais do gañador ou gañadora do Campionato de Baristas Escolas 2025. A orde de participación será determinada por sorteo.

O evento concluirá coa entrega de premios e diplomas aos mellores baristas, destacando a creatividade, técnica e paixón polo café. O Campionato de Baristas 2025 reafirma o papel do IES de Foz como referente na formación hostaleira en Galicia.

0.17599201202393