O Iberia e o Foz enfróntanse no XL Trofeo Emigrante

AMariñaXa
Con esta nova convocatoria da cita mantense como un dos habituais do municipio e coma un dos trofeos con máis soleira da comarca
XL-Trofeo-do-Emigrante
22 Ago 2024

Presentan o XL Trofeo Emigrante, que organiza o Iberia C.F. de San Miguel e que este ano enfronta ao equipo local co C.D. Foz. O encontro será este sábado 24 de agosto ás 18.45 no campo de fútbol As Valgas de San Miguel de Reinante e a entrada é de balde. Con esta nova convocatoria do torneo, que conta coa colaboración do Concello, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia, mantense como un dos habituais do municipio e tamén nun dos trofeos con máis soleira da comarca.

Na presentación desta cita, ademais de Marcos Rodríguez Rañón, o presidente do cub; e tamén estivero Manuel Otero Cadramón, xefe territorial de Deportes da Xunta e Dani García, concelleiro de Deportes de Barreiros e deputado provincial. O trofeo que se entrega é donado polo Goberno local.

XL-Trofeo-do-Emigrante cartel
0.090442895889282