O I Certame de teatro amador ConVida no Rural de Barreiros contará con 8 grupos
AMariñaXa
O mes de outubro chega cargado de representacións teatrais coa posta en marcha do I Certame de teatro amador Convida no Rural
16 sep 2022
O mes de outubro chega cargado de representacións teatrais coa posta en marcha do I Certame de teatro amador Convida no Rural que organizan conxuntamente o Concello de Barreiros e o Colectivo Cultural Ollomao.
O Certame repartirá 800 euros en premios mais diversos trofeos, como o premio especial do público, nunha gala que se realizará o Domingo 6 de Novembro nos Colexios Vellos de San Miguel e no que actuará o grupo de teatro Ollomao coa súa obra “O documento”.
Os días 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro ás 19.30 horas as persoas asistentes poderán desfrutar de balde das seguintes representacións:
- 8 Outubro
- Obra: Departamento de selección
- Grupo: Disfunción continua (A Estrada)
- Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
- 9 Outubro
- Obra: Crime desorganizado
- Grupo: Agrupación teatral mariñá (Betanzos)
- Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
- 15 Outubro
- Obra: El lazarillo de tormes
- Grupo: El duende de lerma (Burgos)
- Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
- 16 Outubro
- Obra: O muro
- Grupo: Grupo humorístico Trípode (Alfoz)
- Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
- 22 Outubro
- Obra: A pena do cú do mundo
- Grupo: O Aturuxo de Melpómene-Carrachanacacha (Narón)
- Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
- 23 Outubro
- Obra: Vivan os noivos
- Grupo: A Adala (Fazouro)
- Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
- 29 Outubro
- Obra: Es tu vida, húndela como tú quieras
- Grupo: A cholón teatro (Manzanares El Real)
- Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
- 30 Outubro
- Obra: A derradeira bala
- Grupo: Farándula Velutina (Corcubión)
- Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme