O hotel Vila do Val, no Valadouro, organiza a décima edición das Xornadas do Bacallau

TerraChaXa | AMariñaXa
Esta tradicional cita gastronómica dará comezo este sábado, 13 de abril, e prolongarase ata o 21 deste mes.
12 Abr 2019

Esta tradicional cita gastronómica dará comezo este sábado, 13 de abril, e prolongarase ata o 21 deste mes. O hotel Vila do Val ofrecerá diversas preparacións de bacallau como bacallau Vila do Val, á biscaíña, gratinado con alioli e á prancha. O prezo destes pratos é de 17 euros e este ano a dirección do establecemento decidiu non elaborar un menú para que sexa o cliente quen elixa os entrantes e o prato de bacallau que queira degustar.
María Hermida, a directora do hotel Vila do Val, sinala que “este ano decidimos variar un pouco as xornadas, nas que ofreceremos catro preparacións diferentes de bacallau e deixamos a elección dos nosos clientes os entrantes cos que queiran acompañar devanditos pratos”. E engade: “chegamos á décima edición das Xornadas do Bacallau, unha das nosas citas gastronómicas clásicas e agardamos, como sempre, que gusten e que sexan moitas as persoas que se acheguen a saborear os nosos pratos. A Semana Santa é a escusa perfecta para saír de casa, para facer unha excursión e gozar da carta que lles ofrecemos no hotel Vila do Val e de todo o que poderán atopar en Ferreira do Valadouro”.
As persoas interesadas en asistir ás X Xornadas do Bacallau no hotel Vila do Val poden realizar os seus reservas no número de teléfono 982 571 653.

0.21029090881348