O Hospital da Mariña conta con dous novos equipos radiocirúrxicos

AMariñaXa
O Hospital Público da Mariña conta con dous novos equipos radiocirúrxicos, cun custo superior aos 180.000 euros,
hospital marina burela costa
3 sep 2021

O Hospital Público da Mariña conta con dous novos equipos radiocirúrxicos, cun custo superior aos 180.000 euros, que permitirán renovar o equipamento existente no bloque cirúrxico para o seguimento e control en intervencións de cirurxía xeral, ortopedia, traumatoloxía, uroloxía, etc. Os aparellos adquiridos dispoñen de tecnoloxía que mellora a calidade da imaxe, así como a capacidade de integración da imaxe e das doses impartidas. 

Este novo equipamento achega á sanidade pública galega as últimas ferramentas de diagnóstico e tratamento coas doses máis baixas, o que supón unha mellora dos procedementos cirúrxicos cunha maior seguridade para os pacientes.

0.17277216911316