O home máis modificado do mundo, o francés Anthony Loffredo, coñecido como Black Alien, estará en Ribadeo a próxima semana

AMariñaXa
O home máis modificado do mundo, o francés Anthony Loffredo, coñecido como Black Alien, estará en Ribadeo a próxima semana
CARTEL BLACK ALIEN DEL 24 AL 26 DE JULIO EN BLACK BLOOD TATTOO STUDIO (RIBADEO)
21 Xul 2023

O home máis modificado do mundo, o francés Anthony Loffredo, coñecido como Black Alien, estará en Ribadeo a próxima semana, para facer tatuaxes en Black Blood Tattoo Studio do luns 24 ao mércores 26. O último día terá un encontro cos seus fans, que poderán pedirlle autógrafos e fotografarse con el.

Anthony Loffredo é un home de 33 anos nado en Montpelier que saltou á á fama tras empezar o seu proxecto artístico The Black Alien Project, que ten como obxectivo converterse no que el considera un alien. Trátase dun proxecto vital que iniciou fai oito anos e que desenvolve progresivamente no seu corpo mediante modificacións corporais e tatuaxes. Actualmente está nun 57 por cento da súa transformación, pero o seu proxecto vai máis aló das modificacións. Loffredo é un artista abstracto e tatuador freehand polo que a xente que se tatúa con Black Alien non sabe que vai deseñar na súa pel, convertendo cada tatuaxe nunha obra única en cada cliente.

Proximamente abrirá ao público unha galería onde os asistentes poderán ver o percorrido artístico da obra de Black Alien ao completo e así comprender desde dentro o mundo de Loffredo, que ten 1,3 millóns de seguidores en redes sociais.

Os propietarios de Black Blood Tattoo Studio, Bailey José Ramírez Madrigal e Lucía Filgueira Fernández, explican que Anthony Loffredo “estará vos días 24,25 e 26 deste mes non noso estudo traballando, como profesional dá tatuaxe mundialmente recoñecido que é. Tatuará a súa propia firma ou deseños non seu estilo en freehand (realizados a man alzada), xa sexan ideas que poidan traer as persoas interesadas, sempre que sexa algo que poda adaptar ou seu estilo, ou abstractos. Poderán ser en branco e negro ou engadir algo de cor. Ademais ou día 26 a partir dás 18 horas teremos un evento de meeting cos seus fans, que lle poderán pedir autógrafos e fotografarse co. *É unha ocasión única na Mariña, para que vos interesados aproveiten para disfrutala”.

A reserva de cita pode facerse a través do teléfono 611.15.69.33, do correo electrónico blackbloodartstudio@gmail.com, de instagram ou facebook (@blackbloodartstudio) ou da páxina web www.blackbloodtattoostudio.es.

CARTEL BLACK ALIEN DEL 24 AL 26 DE JULIO EN BLACK BLOOD TATTOO STUDIO (RIBADEO)
0.095273017883301