O grupo Ollomao de Barreiros, triunfador do VI Certame de teatro de Lourenzá
AMariñaXa
Entregáronse premios en diferentes categorías nunha gala conducida polo actor Evaristo González
23 Dec 2024
Entréganse nunha gala conducida polo actor Evaristo González os premios do VI Certame de teatro de Lourenzá. Foi o grupo Ollomao, de Barreiros, o gran triunfador da noite, coa obra 'O traballo de Andrea', levándose catro dos setes premios.
Obtiveron o premio Conde Santo á mellor representación, dotado con 750 euros e trofeo; o premio Lourenzo ao mellor actor, para Benito de Condadés; o premio Ana á mellor actriz, para Miriam Bouso; e o premio especial do público.
Os premios ao mellor actor e actriz de reparto foron para Antón de la Fuente e Iria Rey, de O Catre, de As Pontes. E, para rematar, o premio á mellor posta en escena foi para a obra 'Heroínas cotiás', de Muiñeiras do Vento, de Ferrol.