O Grupo Municipal Popular de Ribadeo presenta un mapa sobre as festas no municipio
O Grupo Municipal Popular presenta o mapa das festas de Ribadeo. “Queremos promocionar todas as festas que temos no noso pobo, tanto na vila coma nas parroquias a través dun mapa informativo que concreta o lugar e o día da celebración”. O portavoz do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, explica que “é unha forma de dar a coñecer o que ofrece Ribadeo para todos os nosos veciños e, como pobo turístico, tamén para todos os visitantes”.
Daniel Vega traslada o agradecemento de todo o “Grupo Municipal Popular a todos os colectivos e asociacións que están organizando as festas de forma desinteresada. Moitas veces non somos conscientes do traballo que realizan, das horas que dedican para que nas nosas parroquias ou na nosa vila haxa festas”.
O Grupo Municipal Popular quixo colaborar “naquilo que nos pediron”. Así, “traballamos para conseguir orzamento por parte da Xunta e axudar. O traballo conxunto sempre da os seus froitos”, asegura Vega.