O Grupo Municipal Popular burelés alerta do “uso partidista das redes sociais oficiais do Concello”

TerraChaXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular burelés alertou do “uso partidista das redes sociais oficiais do Concello de Burela por parte do goberno do PSOE, dado que o pasado día un compartiuse en determinada rede social oficial do Concello unha publicación do PSdeG-PSOE contra o goberno da Xunta de Galicia.
5 Feb 2019

O Grupo Municipal Popular burelés alertou do “uso partidista das redes sociais oficiais do Concello de Burela por parte do goberno do PSOE, dado que o pasado día un compartiuse en determinada rede social oficial do Concello unha publicación do PSdeG-PSOE contra o goberno da Xunta de Galicia. Consideramos inadmisible que se usen as redes sociais oficiais do concello dese xeito, e non estamos dispostos a permitilo”, manifestan os populares.
Así, os populares veñen de presentar unha moción para que o Pleno acorde “adoptar as medidas oportunas para que isto non volva a pasar e que o alcalde nos informe da persoa ou persoas que teñen acceso ás claves para acceder a ese perfil, ademais de que nos diga que persoa realizou esa práctica impresentable. De non aclaralo, o alcalde debe presentar unha denuncia para que a autoridade competente investigue quen accedeu a ese perfil para compartir esa publicación, xa que poderíamos estar ante a comisión dun posible delito”.
Os populares indican que “as persoas que traballan no servizo que conta con ese perfil son profesionais de contrastada seriedade e rigor, demostrada durante moitos anos, o que nos leva a pensar que hai unha terceira persoa con acceso a ese perfil. Isto é o que deberá aclarar o alcalde e xa lle adiantamos que non nos valen desculpas: se pasou unha vez, pode volver a pasar, e estamos a falar dun asunto moi serio”.

0.16147899627686