O Grupo Humorístico Trípode levará a O Vicedo a súa obra 'A Presa'

O Grupo Humorístico Trípode levará a escena a súa obra titulada 'A Presa' o próximo sábado, 15 de febreiro, á Casa da Cultura do Vicedo. A representación terá lugar ás 20.00 horas.
Desde Trípode Teatro anuncian con entusiasmo que “visitaremos esta fermosa parroquia o sábado 18 de xaneiro para interpretar a nosa última obra, A Presa. No escenario estarán personaxes tan queridos como Melisa e Pitágoras, Pepita e Formigón, Amancio e Balbina, Greta e Bonifacio, e a francesa Françoise, todos eles acompañados pola nosa técnica de son, Rocío. Estamos desexando pasar unha fermosa tarde de teatro en compañía de amigos e veciños. É unha excelente oportunidade para desfrutar, rir e compartir bos momentos. Agradecemos de corazón á Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos por esta invitación”.
Esta é unha oportunidade perfecta para os amantes do teatro e o humor, que poderán gozar dunha obra cargada de diversión e creatividade.