O grupo Gargallada, foi o gañador do premio á mellor representación no Certame de Teatro de Lourenzá
O grupo Gargallada, de O Barco de Valdeorras, coa súa obra Fuga foi o gañador do premio á mellor representación na terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, dotado con 750 euros.
O mesmo grupo de O Barco tamén levou o premio ao mellor actor de reparto, Manuel Caramés. Fauna 113, de Vigo, acadou o premio á mellor posta en escena e o premio Ana á mellor actriz, para Iris Darriba. O premio Lourenzo ao mellor actor foi para Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra. Paula Díaz, de Carauta Teatro, de Santiago, acadou o premio á mellor actriz de reparto. O premio do público foi para A estraña familia, de Martabelas Teatro, de Teo. O xurado concedeu un premio especial ao vestiario e atrezo, que recaeu no grupo Touporroutou, de Foz.
Na gala de entrega de premios, que se celebrou na noite do pasado sábado, actuou o cómico galego Sergio Pazos.